domingo, 3 de noviembre de 2013

Unha idea para un disfraz




Onte celebramos o terceiro aniversario do meu sobriño G, e coma sempre, tocoulle ser o banco de probas dalgún invento meu. Esta vez foi un disfraz de indio americano. (Como agora xa non hai peliculas de indios e vaqueiros, como cando eu era nena, quedou un pouco desconcertado, non sabía o que eran todas esas plumas. Pobre rapas, algún dia voulle  mercar un xoguete)

A idea do disfraz é ben sinxela. O principal e mais importante é atopoar un plumeiro (dos de limpar o po) con boas plumas. Eu atopeino nun Todo a cen. Tamén é importante atopar un retaliño de tea que cadre ben cun vestido indio. Eu atopei esta especie de antelina na miña tenda habitual de teas sen remexer moito. Con 60 cm foi dabondo e ainda sobrou un pouco, parea facer unhas botas que non tiven tempo de facer hoxe, pero que xa están pensadas.

O resto son cousas que xa tiña en casa: adornos,  fitas e pasamanería varia. A cinta azul de pasamanería é a que usei de armazón do tocado do gran xefe indio. A de froles bermellas non a cheguei a usar. Queda para outra.



Para facer o tocado hai que desfacer o plumeiro, ben sexa tirando de cada  pluma con coidado, ou ben quitendo a peza do plumeiro que manten unidas as plumas, si  é doado de facer.


Unha vez que as plumas están soltas, vanselle unindo a cada pluma outras mais pequenas en cor que contraste, e atanse para facer unha soa. Eu  ateinas primeiro con cinta adhesiva e despois forreinas con tea. Para forralas dobrei a fita que usei para adornar a casaca e cosina, para fcer un tubiño moi longo. Nel fun metendo a cana de cada pluma e cortando ata que rematei todas.  Isto é realmente doado de facer. Cando as plumas forradas con tea están listas, vanse entrelazando na tira que fai de armazón e dáselles unha puntada con fio para que queden ben suxeitas Así:


Para rematar o tocado, ponselle unha goma elática pola parte de atrás para suxetalo  e engadeselle algún adorno mais ao gosto de cada quen. Eu púsenlle uns botóns dunha gabardina vella que tiña por casa. Isto é a parte boa de apañar con todo e non tirar nada: sempre atopas algo por casa para facer calquera cousa.

A casaca é ainda mais doada de facer que o tocado. Hai que cortar dous cadrados axeitados as medidas do neno, e cortar outras dúas pezas para os laterais de forma trapezoidal alongada, lastima non ter fotos delas antes de as coser para mostrar a idea. Hai que coser as pezas, do dereito, non é necesario coser polo revés e darllea a volta, queda mellor xa coser polo dereito. Despois facer os adornos: coser a fita (xa a tiña na casa, verdade que queda que nin pintada para este disfraz?) e cortar flecos coas tixeiras. Podense facer todos os adornos que se nos ocorran . 

 
 Eh voilá! Feito:

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me gusta mucho.

esther dijo...

Gracias Anónimo!