lunes, 12 de enero de 2009

fin de semana

O mellor do fin de semana é o de remolonear sin facer nada concreto. O bó é que levantámonos relativamente cedo desde que o rapaz ten partidos os sábados e o dia da para moitas cousas... ...como intentar sacar a música da canción de Ben Ten, que sei que están a piques de conseguilo, porque eu xa escoitei algo que mo recordaba un pouco... Como o da música non é o meu, eu adiqueime a seguir a luz, da mañá, e da tarde, que das dúas teño. Na sala principalmente hai luz pola mañá e un pouquiño pola tarde.Na cociña sempre da pola tarde...A última hora, cando xa a casa está oscurecendo, na cociña reverbera a última e dourada luz do día...xusto antes de porse o sol...O último raio do día atrapao xustamente o meu froteiro Tamén atopei este babeiro que fixera dunha toalla vella cando empecei a experimentar coa máquina de coser...O meu sincero agradecemento a Miguel, que amablemente modelou para mín, para mostrar a prenda en cuestión...

viernes, 9 de enero de 2009

2009

Esta mañá, amañeceu nevando... alegroume como se fora unha nena...Lástima que a cousa non dera para máis... o chan non chegou a porse branco, apenas os tellados...A medida que foi avanzando a mañá e quentando o solciño, da neve non quedou nin rastro, parecía ( mirando a través da ventá, claro, ben abrigadiña) un día de primavera... Sempre teño a impresión que o novo ano comenza ao redor do día 8... Realmente nesas datas é cando me fago os bós propósitos para o ano que comenza... O de facer deporte ou ir ao ximnasio ou estudar inglés xa non mo creo nin eu, pero polo demáis teño a cabeza chea de novos proxectos e de cousas (pequenas) que me gostaría facer... Meu irmán Luis regaloume este bonito calendario ... Cando miro para él entranme gañas de facer cousas e de levar á práctica as ideas que me van e ven pola cabeza, e de encher cos meus propósitos as súas páxinas como se foran os dias que quedan por vir... En xaneiro, de momento, estoume adicando as lámpadas. Teño desde fai moito soportes sen pantalla e pantallas sen soporte, das lámpadas que foron rompendo, e que non me decido a tirar, pero tampouco a arranxar. Onte puxenlle un papel plegado en abanico ao soporte dunha lámpara de Ikea da que se rompera a pantalla de cristal. Non quedou de todo mal...aínda que nada que ver co maestro Este vai ser o lema de xaneiro... nin un pé sen pantalla, nin unha pantalla sen pé!

lunes, 5 de enero de 2009

noite de reis

Hoxe estamos xa en casa, logo de andar vagando de aquí para alá dende o día 23... A Noiteboa e o Fin de ano pasamolos sempre cos abós...pero a noite de Reis volvemos a casa...
Fumos ver a cabalgata, e logo deixamos todiño ven preparado para cando veñan os Reis, que virán con frio, de andar toda a noite por ahí: tres copiñas de licor de guinda da aboa Esther, que lles gosta bastante, a xulgar polos outros anos, que non deixaron nin pinga, e auga para os camelos. Tamén deixamos turrón, abeláns e dátis. O caso é que de andar de aquí pa acolá non puiden facer todo o que tiña pensado, eso que andiven carrexando por toda Galicia o meu canasto de labores... Algo fixen, pero andar cosendo en casa allea non é tan doado como na túa propia... A parte boa foi que a miña tia Fina vendo tal entusiasmo, regaloume a máquina de coser que ten na casa, que era da miña abóa Neves... unha Singer das antiguas, tan bonita!... O dia 27, fixemos unha cea na casa da miña nai para poder estar todos os irmáns xuntos, que nas datas máis sinaladas non sempre podemos estar todos á vez. Ahí está o equipo de cociña...Os mandís que levamos son parte do que pensaba regalar no dia de Reis,pero... que mellor que ese día para estrealos! Estou moi fachendosa con eles... Están feitos con trapos de cociña, dobrados para arriba, para facer o bolsillo...Levoume menos de 20 minutos facer cada un... Ceamos brochetas de polvo e langostinos, galiña en pepitoria coa receita da miña tía Maruja, que quedou xa rexistrada pa sempre, (ainda que sei que se trabucou co momento de botar o ovo...) e de postre semifrio de vainilla, cortesía de javier, (e de Jamie Oliver) que quedou moi resultón: En fin, son as dúas da mañán, acabo de rematar a última bufanda, e por aquí aínda non chegaron os Reis, así que ... creo que vou darlle un groliño ao licor de guinda!

miércoles, 17 de diciembre de 2008

papel picado

Onte chegounos a casa o libriño sobre recortables de papel que compramos en ebay. Este é un tema no que o Val e máis eu andamos moi interesados últimamente. Facer despeglables de papel é algo bastante sinxelo... pero eses monecos collidos da man que todos fixemos algunha vez (para mín moi queridos porque eran precisamente o logotipo da fábrica do meu abó) non son máis que o rudimento dunha técnica milenaria -o recortado do papel para facer bonitas figuras- , moi vixente aínda en moitos paises. A primeira aproximación nosa ó tema foi o coñecemento da tradición do papel picado do Dia de muertos, en Mexico, que descubrimos por casualidade, pero despois fumos sabendo do arte do papel cortado chinés e tamén, como non, do xaponés
Estes traballos, sen embargo, están feitos por un home que se chamaba Johann Jakob Hauswirth, un suizo que traballou como leñador e carboeiro alá pola metade do siglo XIX. O curioso é que ese home era un xigantón, sei que tiña os dedos tan grandes e gordos coma chourizos, ata o punto que tivo que facer unhas tesoiras especiais cos ollos máis grandes, para poder meter os dedos. Eu imaxino a ese home coma un auténtico oso, coa macheta ao lombo e cunha voz de trono, bebendo cervexa polas tabernas.... Imaxinoo despois chegando á casa, e indo lavar as más nun barreño, e logo sentándose nun tallo e o veo collendo delicadamente o papel, plegandoo e recortandoo, coa puntiña da lingua de fora, co primor que tería unha velliña de Bruxas, ou de Camariñas, para non ir tan lonxe...facendo unhas cousas tan delicadas...

domingo, 14 de diciembre de 2008

crafting(por non abusar da palabra Nadal no titulo)

Estou de cheo metida no asunto dos regalos de Reis. Resulta que ese día reunimonos a comer toda a familia... a todo grupo, como dí o meu fillo, e xuntámonos tranquilamente 60 persoas...
O caso é que nos facemos regalos, pequenos detalles, a maioría das veces feitos a mán por cada quen... Son sempre moi comentados os do meu tio Carlos, que inventa e fabrica él mismo o que nos trae, desde xoias de madeira a cuncas feitas cun coco. Tamén os de Margara e Jose: xabón feito por eles na casa o ano pasado, outro ano un almanaque é un CD con máis de 1000 (ou eran 100 ?) fotografías antigas da familia, recopiladas e escaneadas durante meses... Tamén durante meses estiveron macerando as herbas aromáticas no aceite que nos regalou a miña prima Andrea. Eu, como sempre, teño problemas co predimensionado dos proxectos...Logo de argallar no papel regalos para facerlles (facer a man, quero dicir, non comprar) a todos e cada un dos presentes, de xeito personalizado, que darían para montar un posto nunha feira de artesania, chega o día e teño soamente dous ou tres feitos, e estes aínda sen rematar ou a medio facer. O ano pasado mesmo regalei cousas sen acabar para que as rematara pola súa conta o destinatario¡¡
Este ano non vou permitir que me pille o touro... Rebaixei as miñas expectativas, para acomodalas as miñas capacidades e tempos, e ademáis estou xa a traballar, non como os outros anos que facía todo dous dias antes (máis ben duas noites, para non ter que dar explicacións ós nenos de por que estaba eu a facer o traballo que terían que estar facendo os Reis magos) Asi que levarei pouca cousa, pero eso sí, penso levala rematada...e envolta!
E ata aquí podo ler...Non vaia ser que alguén da familia vexa o blog e escachice o factor sorpresa... Aínda que si son como o meu home e os meus fillos, non ai coidado. Cada vez que lles digo: teño un blog, ¿queredes velo? responden coma un solo home: Non!! Eu, moi digna, fago como que non os escoito, e empezo a teclear no ordenador e entón votan a correr despavoridos. A única mención que fan de vez en cando ao tema é algún -esto non o porás no blog verdade? Ou algún... ja,ja, pon eso no blog! ...co que se demostra que non teñen ni idea do asunto. A que si está entusiasmada coa idea é a miña nai... Estaría todo o dia vendo o meu blog (son as súas plabras) Mágoa que non teña ordenador, nin saiba sequera como acendelo...

viernes, 12 de diciembre de 2008

adornos de nadal (2)

Entroume unha especie de febre polos adornos do nadal que non dou feito. Pero es que son moi agradecidos. Con nada podes facer cousas que quedan bastante xeitosas, e nestes tempos de crise, ese "con nada" adquire un valor especial. Este que está aí abaixo esta feito cunha percha de arame desas cubertas con plástico, velaí:
e cos retallos de feltro que me foron sobrando doutro "proxecto" no que ando agora, para dar saída as cantidades inxentes de feltro que me regalara a miña irmá o ano pasado. Quen me ía dicir a mín que tería proxectos coma estes... Dobrando a percha para darlle forma e atándolle os retallos, sen máis, queda unha cousa así: En realidade inspireime nesta coroa, que vin nunha tenda de internet para mín nova que se chama folsky. Penso que a tenda é parecida a etsy, (unha tenda donde comprar e vender cousas feitas a man) pero máis centrada no Reino unido. Eso foi onte, antonte, tocou darlle ao pan... esta vez boliños preñados. ¿Que se lles podería botar ademáis de chourizo? Na foto non están favorecidos... pero saben ben, de verdade. Ao pan integral sen sal é ao que non acabo de collerlle o punto...

miércoles, 10 de diciembre de 2008

adornos de Nadal (1)

Finalmente, logo de investigar moito no tema, chegamos a nosa proposta de folerpas: máis pequeniñas e feitas con panos de papel, para que non perdan esa calidade da neve, tan suave, tan branda, que cae en silencio e se queda enganchada nas árbores...

jueves, 4 de diciembre de 2008

Ideas para os adornos de Nadal (2)

Eu sigo co tema das folerpas de neve. A verdade é que son bonitas. Todas estas imaxes, e moitas máis son de flickr . Pensei para facer os recortes de papel ir ao orixe da cousa, e ver como eran na realidade e ahí están: A natureza sempre é unha fonte de inspiración. Pero tamén o que os outros ven nela: