viernes, 29 de noviembre de 2013

Unha guirlanda

E que foi daqueles propósitos mensuais meus? Os tiña xa esquecidos! ... alá foron setembro  e  outubro pero penso que a novembre ainda chego a tempo. Polo menos fixen algo cun dos meus mostrarios de tapicería. Este é un dos meus favoritos, porque é como ter na casa o arco iris...Pensei que facer unha guirlanda con él era o mellor: é o mais sinxelo do mundo e ademais non se perde esa idea do arco iris, de ver todas as cores xuntiñas en gradación. A cousa e ben doada:  hai que despegar os anaquiños de tea do armazon e coselos a unha fita . Primeiro tiña pensado cortalos en forma de bandeirola, en triangulo, pero despois pensei que ían mellor así, tal como son.. Aquí está a guirlanda feita, en duas posicións diferentes:






A guirlanda coloqueina nesta cama. Antes era unha cama alta, para aproveitar o espazo de abaixo,  pero fartamonos de facer escalada de alto risco cada vez que tocaba mudar as  sábanas, así que quitamos algúns ferros e deixamola na posición normal. Quedaronlle como os catro postes dun dosel sen dosel, e deronme a idea da guirlanda.

Algúns dos cadradiños non os coloquei na guirlanda e reserveinos para unhas cousas ando a facer para a tenda. Xa están feitas, pero cando as rematei non tiña boa luz para facerlles unha foto, así que si cadra, fago as fotos mañana. Esto de facer  fotos ás cousas para mostralas na tenda, ten o seu aquel. Hai que buscar unha foto na que se vea ben o produto, que non chame a engano, e tamén que sexa bonita e que a cousa saia o mais favorecida posible..E non é nada facil...Ando como tola pola casa buscando unha parede blanca  e núa que lle dea a luz e non teño ningunha!. En todas hai cousas penduradas e na que non a luz non é a que a mí me gusta!



domingo, 24 de noviembre de 2013

Actualizacións na tenda: Serie negra e serie rosa





Unha das cousas mais divertidas e mais dificiles das tendas online é facer as fotos dos teus produtos dun xeito que se vexan ben bonitos e agradables a vista. A mi costame bastante e nunca parece que teña unha parede branca dabondo o un fondo axeitado para facer as fotos, por non falar da luz natural, que hai dias que simplemente, non hai luz axeitada  para as fotos. Se cadra tanta dificultade é porque non teño unha boa cámara nin coñecementos técnicos axeitados de fotografía ou se cadra é que non teño paciencia...non sei. As veces vexo por aí fotos tan fermosas que danme envexa. En fin, eu vou facendo o que podo cos medios que teño, e disfruto tanto como si fose unha sesión profesional para sair no Vogue...jeje.




Por certo acabo de abrir, hai uns minutos, a tenda en Dawanda. Ainda estou facendo cousas e subindo as que xa teño feitas. Nos próximos dias espero ter moitas cousas mais tanto en Etsy como en Dawanda.






viernes, 22 de noviembre de 2013

Concurso semanal de deseño en Spoonflower.

Esta semana non houbo que deseñar unha tea senon  un papel de regalo.
O tema do concurso é "Mittens" ou sexa  mitóns. Eu penso que mais ben fixen luvas normais (os mitóns non son os que deixan os dedos ao descoberto?) Pero vexo que todo o mundo fixo o mesmo...
Esto de deseñar papel de envolver  faime ir pensando nos agasallos do Nadal, que xa están a volta da esquina...


Ao mirar o deseño decatome que non se aprecia ben a idea. En teoría fai como bordado en punto de cruz sobre tea de saco, pero casi non se nota na foto. Coido que errei na escala do motivo...Ainda que se cadra, no tamaño real, vese mellor...non sei.

domingo, 17 de noviembre de 2013

Que monada!

Xa está rematada a "serie rosa". Hai tamén unha serie "negra" e outra "neón". Agora teño que subilas a Etsy.

domingo, 10 de noviembre de 2013

Pasion polas fitas


Todos eses caixóns do meu estudio estan cheos de fitas, cordeis, cordóns,  tiras bordadas e pasamanaerías varias...E unha das pocas cousas que teño en orden, góstame mirar para elas, así,  tan cheas de cor y colocadiñas...

jueves, 7 de noviembre de 2013

Film Noir

Novo deseño para o concurso semanal de deseño textil de Spoonflower. O tema proposto para a semana  foi o de "Film Noir", cunha paleta de cor prestablecida. Espero ter collido o ar misterioso de  Philip Marlowe agachado nun chuvioso calexon ...



A votación do deseño está a piques de empezar...si a alguén  apetecelle votar no concurso, pódelo facer na páxina do concurso semanal de Spoonflower  aquí , penso que a partires de mañana  vernes xa se poderá votar no concurso "film noir"

domingo, 3 de noviembre de 2013

Unha idea para un disfraz




Onte celebramos o terceiro aniversario do meu sobriño G, e coma sempre, tocoulle ser o banco de probas dalgún invento meu. Esta vez foi un disfraz de indio americano. (Como agora xa non hai peliculas de indios e vaqueiros, como cando eu era nena, quedou un pouco desconcertado, non sabía o que eran todas esas plumas. Pobre rapas, algún dia voulle  mercar un xoguete)

A idea do disfraz é ben sinxela. O principal e mais importante é atopoar un plumeiro (dos de limpar o po) con boas plumas. Eu atopeino nun Todo a cen. Tamén é importante atopar un retaliño de tea que cadre ben cun vestido indio. Eu atopei esta especie de antelina na miña tenda habitual de teas sen remexer moito. Con 60 cm foi dabondo e ainda sobrou un pouco, parea facer unhas botas que non tiven tempo de facer hoxe, pero que xa están pensadas.

O resto son cousas que xa tiña en casa: adornos,  fitas e pasamanería varia. A cinta azul de pasamanería é a que usei de armazón do tocado do gran xefe indio. A de froles bermellas non a cheguei a usar. Queda para outra.



Para facer o tocado hai que desfacer o plumeiro, ben sexa tirando de cada  pluma con coidado, ou ben quitendo a peza do plumeiro que manten unidas as plumas, si  é doado de facer.


Unha vez que as plumas están soltas, vanselle unindo a cada pluma outras mais pequenas en cor que contraste, e atanse para facer unha soa. Eu  ateinas primeiro con cinta adhesiva e despois forreinas con tea. Para forralas dobrei a fita que usei para adornar a casaca e cosina, para fcer un tubiño moi longo. Nel fun metendo a cana de cada pluma e cortando ata que rematei todas.  Isto é realmente doado de facer. Cando as plumas forradas con tea están listas, vanse entrelazando na tira que fai de armazón e dáselles unha puntada con fio para que queden ben suxeitas Así:


Para rematar o tocado, ponselle unha goma elática pola parte de atrás para suxetalo  e engadeselle algún adorno mais ao gosto de cada quen. Eu púsenlle uns botóns dunha gabardina vella que tiña por casa. Isto é a parte boa de apañar con todo e non tirar nada: sempre atopas algo por casa para facer calquera cousa.

A casaca é ainda mais doada de facer que o tocado. Hai que cortar dous cadrados axeitados as medidas do neno, e cortar outras dúas pezas para os laterais de forma trapezoidal alongada, lastima non ter fotos delas antes de as coser para mostrar a idea. Hai que coser as pezas, do dereito, non é necesario coser polo revés e darllea a volta, queda mellor xa coser polo dereito. Despois facer os adornos: coser a fita (xa a tiña na casa, verdade que queda que nin pintada para este disfraz?) e cortar flecos coas tixeiras. Podense facer todos os adornos que se nos ocorran . 

 
 Eh voilá! Feito:

miércoles, 30 de octubre de 2013

Facendo o mono outra vez


Deixara unha boa morea de moniños a medio facer antes do verán e atopeinos hai uns dias todos esmagadiños nunha bolsa, cos brazos e as pernas sen coser , así que voume poñer mans a obra e rematar a faena... 
De momento teño estes dous feitos, nada mais. A casiña colgante na que os coloquei está feita cuns divisores de plástico  que se colgaban da barra do armario, nos que eu apilaba as miñas teas...antes de que caera todo co peso. Espero enchela de monecos nos proximos dias, aproveitando que temos un festivo polo medio... ainda que non sei se darei feito, teño outros proxectos en mente...


miércoles, 16 de octubre de 2013

ola e adeus

Estes dias síntome como o gato de Alicia no pais da maravillas (ou era o coello?) Refirome a ese que andaba sempre apurado mirando o reloxo e non daba chegado nunca a tempo...
En fin, o reto dos cortizos quedou sen facer, pero polo menos fun quen de pensar a miña tea semanal para Spoonflower. Esta vez pediase facer un disfraz para halloween,  axustado a unha yarda de tea, o sexa nun trozo de tea de 42 x 36 pulgadas. Pois aquí vai.
Unha pequena chapuza, mal debuxado e   feito  a correr, pero que  fun capaz de entregar a tempo...Para telo empezado un par de horas antes de rematar o prazo de entrega, xusto no momentiño que teño despois da cea e antes de irme deitar, pois non hai queixa, quedo satisfeita:


Post post:
Sen alterar o deseño fixen unhas pequenas correccions no debuxo e engadín alguna instrucción, para que quedara mais claro:

viernes, 4 de octubre de 2013

100 da semana!

O meu deseño das estrelarañas acadou o posto 66 dun total de 211 participantes. Vale, non é tampouco como para andar botando foguetes, pero para mín foi un pequeno triunfo. Primeiro, porque o concurso é por votación aberta, maioritariamente entre os propios  participantes, polo que,  os 117 votos que tiven representan a 117 descoñecidos -na súa maioría deseñadoras textis norteamericanas- que escolleron o meu deseño porque lles gustou, sen mais. 

E ademais, porque é a primeira vez que entro na franxa dos 100 primeiros deseños do concurso que saen públicados na lista dos 100 mellores deseños da semana. Nun sitio onde hai milleiros e milleiros de deseños non é facil facer visibles as túas cousas. e menos cando non as tes a venda, nin fas comentarios nin participas nos foros (o de falar inglés levoo moi mal) así que sair publicado na páxina principal sempre é un empurronciño...

Pois iso, pouca cousa, pero que me deu moito ánimo...Agora a polo top ten, que algún dia ha de chegar!



miércoles, 25 de septiembre de 2013

estrelaraña



Desde xuño que non facía o meu deseño semanal. Retomo os concursos semanais de teas de  Spoonflower. O tema da semana: constelacións. Deseño sinxelo e moi rápido de facer, que xa ía casi fora do prazo... pero o meu fillo Val , que teño aquí ao lado agora mesmo, esperando polo ordenador e metendome presa, di que é bonito.

 Aquí debaixo un detalle mais preto do deseño.


Quedaría ben como as gardas dun libro, ou no interior dun sobre non?


lunes, 23 de septiembre de 2013

de volta cos retos



O inicio de curso dos nenos, moito traballo no traballo, moito que facer na casa...en fin, que non fun quen de pasar polo blog desde a nosa xa lontana excursión ao rio Tambre...O caso é que  lembrei o dos  meus retos para cada mes do ano, que xa tiña esquecidos...casi rematou setembro e non fixen nada ainda!...A ver si de aquí ao fin de mes fago algo con estes cortizos...



pero sin estres, vaia!

martes, 3 de septiembre de 2013

De excursion pola nosa cidade

 Os nenos xa están de volta, pero ainda quedan uns dias ata que empece o cole...Estes dias tan calurosos animan a seguir en modo vacacións e decidimos disfrutar da nosa cidade como si foramos forasteros e ir visitar aqueles lugares aos que non solemos ir cando estamos aquí...Esta tarde tocoulle o turno á praia fluvial de Chaián, no rio Tambre...que maravilla! 



Quedou decidido que íamos sacar as licenzas de pesca e traer aos curmáns algún dia...Tamén alguén comentou...vaia, que bo sitio para vir pasear cun can no?...
Non o quero nin pensar

miércoles, 28 de agosto de 2013

Vagalumes

Este foi o deseño que fixen para o concurso semanal de Spoonflower. O tema era Fireflies, ou sexa, Vagalumes, ou sexa, Luciernagas... que nomes tan bonitos, en calquera idioma!

viernes, 23 de agosto de 2013

Esmelle






Como cada agosto, unha pequena mostra dalgún detalliño da casa de miña nai...
Boa fin de semana a todo o mundo...E un bico, mamá!


jueves, 22 de agosto de 2013

Valeirado total

Este é o panorama que teño estes días na casa. Trouxen un moble que tiña en Prado e para facerlle sitio fun cambiando unha cousa aquí e outra alá e cando me din de conta xa tiña toda a casa desarbolada!. Non quedou caixón sen valeirar nin armario sen revisar...
 Iniciei un proceso de reorganización e ordenación total que xa non son quen de parar..Non sei se algún dia sairé desta....



Ata abrín  a miña vella caixiña de oleos que levaba pechada desde que era unha rapaza! Están todos resecos, como era de esperar, non vale ningún para aproveitar, pero si quedo con folgos hei limpar e arranxar  a caixa un pouquiño, que me trae boas lembranzas...

Estes dias atrás...











Xa había tempo que non pasaba por aquí. Xa rematei as vacacións e volvin ao traballo ...pero eu sigo co modo verano posto...e moi preguiceira para coller o blog.
A ver si a partires de xa volvo colle-lo ritmo.