miércoles, 8 de abril de 2009

RETO

Debo recoñecer que son una clienta habitual de rastros e mercadillos, e non paso máis de 10 dias sen ir osmar por RETO, a ver que teñen. Estes dias, aproveitando que estou sen nenos, fun de redada, e trouxen estas cosas... A verdade é que na nave de RETO o mostrador ese parecía máis pequeno... Todo o que está na foto custoume en total 28 €
Ademais de ir a RETO, decidín aproveitar e adicarme a algúns proxectos atrasados, e empecei tantas cousas á vez que agora teño a casa como un taller de chapa e pintura, todo desordenado e nada rematado, máis os tres trastos que merquei, que xa é de todo punto imposible que os pinte, tapice e arranxe como tiña pensado nun principio...
,
En fin, vou intentar rematar algo, o, xa postos, empezar algunha outra cousa no último minuto... Se non traballo con tensión, sei que non me presta... Cando teña rematadas as cousas , xa porei as imaxes de como quedaron...
Vemonos o martes...!

2 comentarios:

♥ meninheira ♥ dijo...

Estoume a ver todo o teu blogue dun tirón hahaha es unha deliciosa descoberta, tes-te que apuntar ós meus proxectos semanais, que delicia o que fas!! encantoume o do contos dos currichos, a lámpada, as zapatillas,... galega-nai-crafter... pouco abundante :)

Un biquiño e feliz pascoa :)

esther dijo...

Moitas gracias polo comentario!Claro que nos apuntaremos a algún proxecto dos que propós...