martes, 4 de junio de 2013

Propósito de maio: mais do que pensei que faría, menos do que tiña pensado facer


Este era o reto para maio. Ver que se podía facer con toda este despece de camisería, que atesouro hai tempo. Tiña todo o mes para o facer, pero estiven moi centrada nos concursos de carteis aos que me presentei (tres, xa contarei como me vai) e non fixen nada. De feito tiña esquecido o tema do reto ata que  recollendo a mesa de traballo vin os colos e os puños das camisas debaixo dun lote de papeis. Asi que xa fora de prazo, o domigo (dia 2 de xuño)  deume un frenesí e adiqueino a darlle voltas ao tema.  
Para ir collendo arrincada, comecei por unha cosa ben sinxela que vin neste blogue .Cosendo o puño sen mais complicación faise unha bolsiña  para levar moedas, pendrives, chaves e moitisimas mais cousas pequenas o que me pareceu moi axeitado. Eu metinlle estes aparellos de coser que viñan nun estoxo de agasallo do sitio onde arranxo a máquina de coser. 

Tamén está a idea de Raquel e que mostrou no seu blog tartaroucho hai tempo, e que está xenial.  Mandovos alí para vela. Sería outro posible reuso para os puños vellos das camisas. Coido que quedan xenial con camisiñas de neno e estampados variados. Podense ver aquí no seu blogue. 

Outro posible campo de probas sería o das guirlandae e cadenetas varias, con colos, con puños, combinando ambos ou con outras teas ou cintas. As possibilidades son infinitas. Eu deixo constancia aquí dunha de tantas.

Deixando dun lado as mil posibilidades de bandeirolas, guinlardas e outras ideas que teño ainda por explorar centreime nos colos das camisas.

Levaba tempo coa idea de que se podía facer un sombreiro chulo con eles e sigoo a pensar. A miña idea non era esta precisamente, pero comecei do xeito que me pareceu mais fácil. Fixen algunha proba e non cheguei de momento a rematar o primeiro modelo, pero estou nelo. Outra posibilidade sería coas bandas postas en paralelo, non cruzadas.
Aquí esta o traballo a medio facer e a medio pensar.




Como vin que o do sombreiro íase alongar un pouco e requiría algun axuste e mais tempo, decidín rematar as miñas propostas con cosas mais "ready made". Por exemplo, sen  mais nada que facer que poñelo ao  pescozo, convertese nun accesorio ben xeitoso para levar no bo tempo sobre a pel, combinando cunha camiseta ou top escotado.

Xa si a cousa fose para nota, poderíase combinar con fitas, pedras, strass e que sei eu, restos varios de bisutería desparella, que eu teño para dar e tomar. Aquí van algún exemplos co que tiña a man nese momento.








Tamén,  sen facer nada mais que unir dous colos polos seus propios botóns montase un cinto bastante xeitoso, que pode server precisamente para darlle un toquiño a unha camisola de home.

En fin, o dia non deu para mais, pero na cabeza seguen a bulir moitas ideas. O propósito de maio non pode darse por rematado, ainda teño moitas pezas de camisas por usar así que o reto  ben merece unha prórroga ou un aprazamento. E agora a pensar que facer coa miña coleccción de panos, a tarefa para o mes de xuño.


1 comentario:

Rosa Belarte dijo...

¡Me ha encantado descubrir contigo tantas las posibilidades para reutilizar los puños! Muy divertido, muy ingenioso...me pongo a buscar camisas viejas a ver qué hago yo!