O último cartel dos que fixen no mes de maio para concursos...As nubes son de un ceo de Ferrol tomado desde a venta da casa da miña nai...con algún toqueciño pola miña parte.
Tampouco houbo sorte. O que resultou gañador e os dez finalistas (entre os que non estou) podense ver neste enlace.
As veces gostaríame saber si o meu cartel...estivo aí aí, a piques de ser escollido, ou pola contra, xa caeu na primeira volta y nin se considerou... ahhh misterios da vida que un nunca coñecerei!
2 comentarios:
Unha vez falando cun fotógrafo amigo díxome que el normalmente non mandaba fotos a concursos porque había fotógrafos especializados en concursos, que estudiaban os componentes dos xurados e sabían que tipo de foto podían buscar... se cadra o dos carteis é algo semellante... ou non ;)
En calquera caso, desta vez o cartel paréceme precioso e ideal para o tema, igual gañar ou non gañar é só cuestión de sorte.
Non o sei, eso que dis pareceme moi complicado...ainda que é certo que as veces, vendo os carteis gañadores das edicións anteriores ves por onde van os tiros de cada concurso e hai cousas que xa ven que non van cadrar..
Eu son mais ben de pensar que para gañar tes que facer algo realmente bo, e ademais, ter un pouquiño de sorte, e mentras tanto, pois a seguir perdendo e aprendendo!
Publicar un comentario