Esta fin de semana estivemos con febre limpadora, eu no estudio e o P. no trasteiro...
Empecei unha guerra e xa non hai volta atrás... a batalla de hoxe foi dura, porque foi a primeira...non sei se a gañei, pero abofé que a librei...Hei baleirar ata o último caixón, ata o último armario...Pero, ten que ser a modiño, hoxe quedei rendida...Desfacerme das cousas cústame moito...téñolles apego... Hoxe tirei con cousas que carreto comigo, mudanza tras mudanza,...desde hai vinte anos...
A lo menos, conseguín deixar a miña mesa de traballo despexada e ordenar un pouco a metade da parede que me toca a min...O P. di que segue estando abigarrada, pero que queres, mais, nun so dia, non se me pode pedir...
Ademais, recibín este regaliño de Miguel, dentro había un abano en forma de flor que dicía.. Eu teño laranxas, eu teño limóns, eu teño unha nai que vale millóns!


