miércoles, 29 de agosto de 2012

Coleccion anduriña

Esta tarde adiqueime a crear unha colección de teas. Usei aquela impresión dunha anduriña que fixera hai tempo dunha goma de borrar e fixen varias combinacións. Penso que saíron uns deseños bonitos para tecido ou papel pintado ou para papelería... Polo menos a mín gostanme. Para empezar, mellor o mais sinxelo, distintas combinacións do mesmo debuxo e colores variados.  





 


 


 







Para definir os colores guieime polas cores da tinta. Vounos  subir a spoonflower, ainda que pode que barulle todo o esquema da  cor...cambian tanto ao trasladar os arquivos!

O deseño que fixe para o concurso do quilt en zig-zag tíveno que modificar. Ao subilo a spoonflower cambiaronse as cores e chirriaba...Esto da cor é todo un mundo.

(Ramón, observarás que esta vez estiven atenta e puxen deseño con ñ)

lunes, 27 de agosto de 2012

Estaba a facer limpeza nos meus arquivos dixitais e apeteceume poñer xuntos os carteis que fun mandando a  diversos concursos, para velos con ollo crítico e un pouco de  perspectiva.

Dos erros e do que mais se aprende non é?



viernes, 24 de agosto de 2012

Spoonflower 3

Esta é a miña proposta de deseño de tea para o concurso da proxima semana de Spoonflower. O que pedían  é un deseño de tea que imite o traballo dos tradicionais quilts en zigzag ou de liñas quebradas. As cores non me convencen de todo, pero xa está, mandeino.

Por certo xa están elixidas as teas gañadoras do concurso semanal que tiña por tema o camping. A miña proposta obtivo 100 votos! Moi lonxe aínda da puntuación gañagora, pero moito mellor que o que saquei na anterior dos avionciños (59 votos) 

Vemonos o luns (se cadra)

jueves, 23 de agosto de 2012

camisetas vellas ...a saga sigue

Estes dias ando un pouco descentrada... As miñas vacacións xa remataron hai tempo, pero a rutina diaria, aínda non se asentou. Ando de aquí para alá sen acougo, en modo espera,  botando xa en falta  un pouco de orden nas nosas vidas. 

Estes meses de verán non tiven moito tempo nin ocasión para ter o blog ao día.., nin tampouco, as veces,  gañas de facer cousas e moito menos de facerlles fotos para o blog...Pero  penso que, aos poucos, hei recuperar o pulso. 

Para ir collendo arrincada poño aquí unha cousa que se me ocorreu para a aproveitar as pezas sobrantes das camisetas vellas que uso para facer isto ou isto outro  ou aquelo.





Penso que  estas bolsiñas para os zapatos resultan moi útiles para meter na maleta, mantendo sempre xuntiños os dous zapatos de cada par. O unico que hai que facer é coser (coa camiseta do revés) a zona cortada e as mangas, e darlle a volta, para ter unha bolsa pechada. O colo da camiseta fai  a entrada da bolsa. É ultra fácil e penso que moi practico.

Así, con isto, a camiseta vella ven disputarlle o trono  ao mesmísimo  porco, do que, como todo o mundo sabe, aproveitase todo.

lunes, 13 de agosto de 2012

obsesion

Eu sigo coa teima do deseno textil, deume por aí. Como son autodidacta, vou de erro en erro cara ao desastre final, pero estou aprendendo moito polo camiño.
O concurso de teas de esta semana de Spoonflower ten como tema o "Camping". Pensei que unhas cantas esceas bucolicas estilo as vellas toiles de Jouy,  como estas, podían  quedar ben. E esto foi o que fixen (creo, porque teño tantos arquivos repetidos que xa non sei o que subín) 

Esta é a combinación básica para o fat quarter
 

Estes son algúns dos bocetiños que fixen para montar a miña toile. Si o miras moi perto vese a chapuza bastante, pero ao reducir e combinar os motivos coido que da o pego.

 
E xa non tiven tempo para facer moito mais ...esto de un concurso de teas cada semana e moito para mín...Por certo, no concurso pasado  dos avioncitos obtiven 58 votos!, e ademais algun comentario favorable de outra  participante. Estou orgullosa.  Ademais a tea gañadora (que tivo mais de 400 votos) foi un deseno polo que votei eu!


miércoles, 1 de agosto de 2012

Spoonflower (2)

Creo que xa falei algunha vez de Spoonflower. É un sitio no que podes subir os teus desenos de teas e, si a alguén lle gustan, os pode mercar...está moi ben.
Cada semana fan un concurso para deseno de teas, cun tema. A miña idea é participar en todos os que poda. O tema da última semana de xullo foi "Aviación".

Este é o deseno que presentei eu. So podese presentar un, pero teño moitas variantes . Onte foi o último dia para presentar os desenos.  De moneto aínda non empezou perto estou desexando ver como son os outros.
Esta é a miña tendiña en spoonflower. De momento so teño o deseno que fixera o verán pasado, pero xa haberá mais. Agora que descubrín a ferramenta definir motivo e a capa de recheo en photoshop vou como unha moto!

jueves, 26 de julio de 2012

reciclaxes varios


Este cabo mariñeiro atopeino enredado nas algas nunha praia da illa o ano pasado...quedou todo o inverno esquecido nun curruncho e este verán seguía alí. Así que retomei a idea que tivera cando o atopei: facer un felpudo para a porta da entrada. Está feito unindo as voltas con tanza, coa técnica das braided rug... Quedou ben, moi alegre.Vale, solta un pouco de area, pero...¿ non é ese o destino dos felpudos  nunha illa?

E falando de reciclaxes, aproveito e poño tamén a última obra do meu sensei do reciclaxe, o meu irmán Tin. Velaí que hamaca fixo cun metálico vello...Por qué o colocou na figueira, que din que ten  a sombra traicioneira non o sei, pero cómoda é, que xa a probei.

lunes, 23 de julio de 2012

Verdes e azuis

 De novo por aquí.
Serie chalanas da illa. Combinacións de cor mais usadas.
Hoxe: verde a azul turquesa



martes, 26 de junio de 2012

camisetas vellas unha vez mais

Xa hai tempo que acumulo camisetas de algodón para facer nobelos coma estes. Tutoriais de como convertir en fio para tecer ( ou o que sexa ) as camisetas  hai moitos en youtube que o explican mellor ca mín (coas palabras clave yarn e t-shirt, saente todos de golpe xa). O truco está en seleccionar as camisetas, todas non valen para o mesmo. As que van ben para isto son as que están feitas dun tubo, e dicir , as que non teñen costuras laterais. Eu antes non me decataba destas cousas, agora que dín en facer nobelos de tea de algodón, ando sempre a mirar se  as camisetas vellas teñen costuras ou non.

 De todolos xeitos, fago un resume de como se fai, para o que coma mín anda preguiceiro :

Hai que coller a parte do corpo, e retirarlle os elásticos. Dobrala sobre se mesma e cortala en tiras, deixando unha parte sen dobrar e sen cortar, que é a que vai manter unido todo o choio. Despois esta parte cortase en diagonal, para facer unha tira continua e non aros soltos. Mais facil facelo que contalo. Unha vez tes a fita continua vas dandolle tironciño e faise o fío soliño. Rápido de verdade, eu fixen todos eses nobelos nunha hora mais ou menos.

Os elásticos que lle quito usoos como coleteros para o pelo. A parte de arriba, que leva as mangas, como gorro para a praia. Fas como si foras poñer a camiseta normalmente pero do revés. Tiras para arriba como para sacala, e quedas tipo monxa coa toca. Despois retorces as mangas, fas un nudo atrás con elas e xa está, tes un turbante para protexer o pelo do sol e o auga do mar...

O que fai estar sen nenos...

viernes, 22 de junio de 2012

Cartel

Cartel presentado ao  concurso "San Silvestre Salmantina". O gañador e os finalistas podense ver  aquí

Este cartel ten a súa anecdota. Cando xa o tiña impreso en papel e pegado ao cartón pluma para mandar ao concurso, a unha hora do peche de correos, o último dia de prazo ( eu sempre  fago así, se non parece que non presta)... ¡decateime que olvidara unha das frases que tiña que poñer no cartel!
Durante un instante de pánico, dubidei, se pasar de todo e mandalo igual ou  dalo por perdido...

Pensei que mandalo sen cumprir as bases era de tontos pero non mandalo logo de feito tamén, así que collín un rotulador e puxen a frase a man a toda presa (como ben se pode apreciar)...e mandeino así.

Eu xa me olvidara do choio, cando chamaron da organización decindo que faltaba o soporte dixital que o mandara canto antes...Mimá! Menos mal que lle sacara unha foto antes de empaquetalo

En fin, unha vai aprendendo. Regla número un: Repasar as bases antes de imprimir

Por certo aquí probei con unha das texturas que fixera aquel dia.



(Para meu irmán Luis)

via Alisa Burke
O meu irmán mais eu estivemos o outro día lanzandonos frases de autoaxuda un a outro para subirnos os ánimo. Eu non lembraba ben unha  frase en cuestión,  nin onde a vira, pero era esta. Non teño nin idea de quen é Neal Donald Walsch.

Xa está aquí o verán

TOULA61
LSwopeArt
tkafka
sharonschock
Imaxes de mi lista de tesouros en Etsy, feita o 30 de novembro. Esto é co que soñaba no crú inverno, cando a praia estaba tan lonxe, e en todas partes vía imaxes do Nadal que viña en camiño...

E xa chegou o verán... que certo aquelo de que non hai dia que non chegue e prazo que non se cumpla...

martes, 19 de junio de 2012

Cartel

Presentei este cartel ao concurso deste ano, que non resultou elexido. A organización do concurso nos notifica aos participantes que o gañador  é José David Bastos, de Vigo. Noraboa! Na páxina web ainda non o teñen posto, pero seguro que pronto estará alí...Ide preparando os maravedíes para a festa



jueves, 14 de junio de 2012

Pirata

Esta bandeira pirata fixeraa no seu dia para o meu irmán, era parte dunha cortina para as ventás do  Land Rover. O meu irmán xa non ten o Land Rover e eu atopei a bandeira  o outro dia na casa da miña nai, pregada entre as teas que sempre ando a remexer.
Voulla dar ós nenos para que ondee no canastro onde teñen as súas reunións no verán...

lunes, 11 de junio de 2012

Os rabiscos do luns

Mais apuntes de vellas libretas..
Ía  dicir que non teño moito tempo para facer nada novo, nin sequera un mísero garabato, pero non deixan de ser excusas...o que non teño é moito ánimo.  A mín se me quitan o ánimo quedo sen nada porque o que é tesón, constancia, vontade ...non teño moita.

lunes, 4 de junio de 2012

Os rabiscos do luns

 Estes son  compañeiros que tiña diante nun curso que fun o outro día...

Este non era compañeiro, o tiña no ombro xunto a miña orella dicindome polo baixiño...non volvas a segunda parte que vas quedar durmida...
e aqui probando como cambiar de dirección un debuxo de eixo lonxitudinal...o sexa, facendo as típicas cenefas..

sábado, 2 de junio de 2012

Outro cartel

Outro dos carteis que presentei a un concurso e que non resultou elexido, acabo de recibir un correo cos finalistas e o gañador e non estou entre eles. Este foi para a 34 semana internacional de cine de autor que organiza a asociación Fonmiñá.
 Os nenos preguntanme si despois de presentarme a tantos concursos  non estou cansa de non gañar nunca nada. A verdade é que non. Aprendo moito con cada un que fago, pasoo moi ben mentres os fago e gostame ver o resultado...Ademais en cada un deles vexo algo que si o fixera de novo cambiaría...ou algo que claramente hai que corrixir...Non, non estou para nada desanimada, cada vez gustame mais participar...