martes, 28 de octubre de 2008

platos

Non creo que a miña nai tarde en mercar un ordenador e conectarse a internet. Cando meus pais viñeron nos visitar a última vez, mostreille as fotos da súa casa de Esmelle que subín a flickr e mostrouse moi interesada no tema. En particular gustoulle unha das fotos que vimos, que é de Lisa Congdon, (a bird in the hand) a irmá de Stephanie Barnes (Little birds) . Cando volvín eu pola súa casa de visita xa tiña feito a súa propia composición. Díxome que lle escribira un correo a esa tal Lisa para contarlle que lle gostaba moito a súa idea e que a había copiado. O caso é que fixen moitas fotos da súa outra casa, e están xa en flickr. Onte dúas personas habían marcado dúas destas fotos como favoritas, o que lle fixo moita ilusión. Xente tan lontana, vendo a súa casa...¡
Esta é a foto de lisa congdon que tanto lle inspirou, e que levou na súa cabeza para facelo despois na súa casa:

viernes, 24 de octubre de 2008

bolas de papel

Levaba xa tempo con ganas de facer este pompón de papel. A idea orixinal é de Martha Stewart, que ven sendo como a Oprah Winfrey do craft. Merece a pena darse unha volta pola súa páxina web, porque é unha fonte inesgotable de ideas para facer na casa, cos nenos, por exemplo, e ten todo moi ordenadiño (por material, por época do ano...) O caso é que nos puxemos a traballar e os resultados son espectaculares, para o doado que é de facer. Nun plis plas tes bolas feitas para armar un exército de animadoras.
A primeira bola fixémola con papel de seda, pero as seguintes xa foron cos restos dun mantel de papel que tiñamos por casa, e tamén quedou moi ben.
Agora estou a pensar nas posibilidades de combinar capas de distinto color, ou probar con papeis máis ríxidos. A verdade é que se fan en menos dun minuto, e quedan moi ben colgadas en calquera parte.

domingo, 19 de octubre de 2008

Arbo for ever

O fin de semana estivemos en Arbo, cos amigos e os nenos... Solciño de outono, paseos polo monte...risas á hora de deitarse... E sobre todo o almorzo do domingo, que é eterno, sen prisa, reenganchando turno...case que ata a hora de comer... E como sempre, a cesta de outono de Yeyi. Esta é a que fixo Valentín ao chegar a casa, coas cousas que foi recollendo.

viernes, 17 de octubre de 2008

alfombras

Nunca foi un tema que me dera moito tirón, pero agora ando de cheo metida no mundo das alfombras. Na outra casa non tiña alfombras, sempre por algunha excusa... que si a alerxia do neno, ...que é mellor ver o chan de madeira tan bonito...aínda que agora doume conta que en realidade é porque nunca vira unha que me gostara... Despois de ollar un pouco na tenda virtual de Nani Marquina agora pásame o contrario...pareceme que non teño chan dabondo para tanta alfombra como quero... O que pasa é que o presuposto non da para tanto. A cousa sen embargo, tivo o efecto de facerme coller o punto ao das alfombras e navegando navegando sempre se atopa algo a bó precio. Agora veño de mirar algunha destas. Esta, como non, chámase New York, ahí está cuspidiño o Central Park.
Tamén gostáronme estas dúas:
moitas máis aquí e aquí

viernes, 3 de octubre de 2008

ventás II

Estou a buscar un sistema sinxelo, bonito e barato para as galerías da miña casa. Que deixen pasar a luz e o sol e as marabillosas vistas que temos, pero á vez que nos dean un pouco de intimidade, bastante dificil cando o cristal vai de arriba abaixo e ocupa casi todo o fronte da habitación. Estou a probar cun sistema ben sinxelo: colocar papel de croquis na parte baixa. Cando facía a proba pensei que non estaría mal facerlle un debuxiño ou calquera cousa, que podía quedar moi ben co efecto da luz pasando ó seu través. Puxenme a buscar na rede inspiración e coma sempre, acabei indo de aquí para alá, olvidado xa o motivo inicial da consulta. Atopei páxinas interesantes coma esta é o firme propósito de facerme cun destes Finalmente, atopei esta imaxe, nunha galeria de flickr que me pareceu formosisíma. Eu non sei como está feita esta , pero eu penso facela cunha pataca.
Se é un suceso ou un fracaso xa se verá. De momento, estou probando co papel.

jueves, 2 de octubre de 2008

de ventás e tomates

Volven a ser recantos da casa da miña nai en Esmelle. Góstame miralos de vez en cando, cada cousa ten o seu aquel... O retrato da parede é da miña irmá. Fíxeno eu fai máis de 20 anos . A cortina da porta é unha toalla do axuar de voda da miña aboa, ahí están as iniciais do pai e da nai do meu pai ...A terceira ventá ten un estor calquera, comprado en calquera sitio, pero que ao poñerlle as borliñas semella ser especial...Na última están os tomates da horta do meu irmán a madurar ao sol...Penso que estes son os verdadeiros privilexios da vida... estar en paz cos teus e poder comer tomates da túa horta.

viernes, 26 de septiembre de 2008

xa naceu o perexil

Non hai moito fixemos unha sementeira de herbas aromáticas. Non sei por qué, do mesmo tipo, unhas naceron e outras non, tendo todas os mesmos coidados... Agora tamén temos peces...Os nenos quedan quietiños mirando para eles como si fora a televisión...Están a cargo do irmán maior e, a verdade, estou agradablemente sorprendida do responsable que é no seu coidado... ¡os pececiños están que da gloria velos!

sábado, 20 de septiembre de 2008

Esmelle

As pequenas cousas da miña nai na casa de Esmelle. Naceu co senso da cor, nunca erra.

...decíamos ayer...

O verán xa queda lonxe... a mudanza xa foi...pero aínda andamos a reconfigurar as nosas vidas... Pouco a pouco cada cousa atopa o seu novo sitio, as caixas van desfacéndose, o ordenador deixa de estar no chan e sube a unha mesa... e entre a montaxe dun moble e a colocación dunha lámpara vai aparecendo o tempo e o lugar donde sentarse a escribir estas liñas...

martes, 1 de julio de 2008

keep calm and carry on


Aínda que o cartel foi pensado para os sofridos ingleses durante os bombardeos alemáns da segunda guerra mundial, fai algún tempo que o fixen o meu lema particular.

Espero non olvida-lo conto nos próximos días porque, si non hai contratempo, mudamonos de casa...

miércoles, 25 de junio de 2008

telas

Estas telas eran da miña nai, e estiveron sempre roldando pola casa, desde que teño memoria. Han de ter máis de corenta anos. Agora, á vista da miña recente tolería polos tecidos, a miña nai doumas, para que faga algo con elas ... E claro, pódeme a responsabilidade ... A mín paréceme que as telas están bonitas así, dobradiñas, para velas de vez en cando... Coido que nada do que eu faga pode pagar a pena de cortar a tela .... Un legado semellante non é para estragar con alguén que ainda está lendo as instruccións da máquina de coser!

sábado, 21 de junio de 2008

paseo polo parque

Cando hai un regato polo medio, calquer campiño parece un parque, e calquer parque un paraiso...

miércoles, 18 de junio de 2008

Papel


Góstame este libro. Compreino de segunda mano en ebay solo pola portada, e atopei un tesouro no interior. Fixemos algunhas probas xa, pero queda moito por experimentar, as posibilidades do papel son casi infinitas... (como xa dixeramos do leite)



martes, 17 de junio de 2008

As infinitas posibilidades do leite

Desde que entrou este libro na casa están a pasar cousas inusitadas. O meu home ten o libro na mesiña de noite, e o seu carón mentres almorza. Leo no tren e levao cando vai de paseo. Eso que che é un tocho considerable. O domingo pasado mesmo o vin cun lápiz e un papel, como si estivera tomando apuntes nunha biblioteca. Agora está embarcado na rehabilitación da manteiga, que dis que non é tan mala como dicen... Do leite, xa sabe todo o que se pode saber. Antonte, cando saía de casa miroume ós ollos e dixome ... En realidade é como a mahonesa...unha emulsión...


Non tardou a cousa en virar da teoría á práctica. Onte estivo a facer experimentos na cociña, e a verdade, deixounos a todos marabillados. Primeiro, preparoume un café con espuma, batendo o leite, que "estabilzou" no microondas para que mantivera a consistencia. Despois seguiu a bater (esta vez nata) e fixo manteiga. Pero en cousa dun minuto¡. Os nenos quedaron abraiados. Despois pasou a cosas maiores. Fixo, creo que dixo, beurre noissette, ver foto de aquí abaixo, e outra cousa que non me lembro.

Hoxe, tan pronto chegou, xa se puso mans á obra. Esta vez fixo iogur, o leite agrio máis ben, que non sei si é o mesmo. En fin, ¿para cando o queso?, xa lle vai tocando...

Posted by Picasa

lunes, 16 de junio de 2008

anapequena


Esta foto é en honor dunha ilustre visitante que atopou o meu blog. !E eu que pensaba que andaba a vagar perdida polo espacio sin contactar con ninguén...! Gracias polo teu comentario, mi vida.
Posted by Picasa

sábado, 14 de junio de 2008

bolsas de plastico


Estou a facer cousas coas bolsas de plastico do super, esas que atopas ciscadas por todas partes e son coma una plaga. Con estas penso facer unha caixa, para gardar xoguetes, ou mesmo os ovillos que fago cortando as bolsas. Este é o modelo "hipercor".Teño outro modelo que é "Hiperfroiz", que podes ver aquí
Posted by Picasa