lunes, 5 de diciembre de 2011

Uf, que susto

Hoxe, as oito da tarde mais ou menos, perdín o meu blog e a tenda bigcartel.

Andiven probando aquí e alá para facer uns cambios na configuración das miñas contas cando de repente desapareceron por completo! O ordenador non facía mais que dicirme que os enlaces estaban rotos e eu sentín tal sensación de pérdida e de impotencia que deume por chorar...O meu fillo maior rifoume por eso, parece mentira! chorar por esa tontería...O do medio resultou mais compasivo coa miña dor...home leva xa catro anos con eso, e perdeu todas sus fotos, todas as que xa estaban no blog, é normal que teña mágoa...

Penso que non levo tanto, ou sí? pero o meu blog é algo que aprecio moito ... que ten de malo botar unha lagrimiña si vexo que desaparece de golpe, sin deixar rastro, sin saber por qué!

O caso é que o P . vendo a miña desolación veu botarme unha man, e puxose a mirar o choio a ver si podía facer algo,  e así, sen máis ¡ trouxo todo de volta!  Eu, coma sempre,  quedei de parva,... pero como é posible que hai un momento estiveran todos os enlaces rotos e agora todo estea outra vez no sitio? como fixeches? Pois, non sei, básicamente, cambiei de navegador

Mira que me fastidian estas cousas, eu desconfiguro todo con solo miralo, e él arranxa todo pola simple imposición de mans!

Agora está todo no seu sitio outra vez, ou alomenos, eso creo. Acabo de subir á tenda estas tarxetiñas de Navidad que veño de facer

 Esta é parte posterior, coa miña guirnalda:



Aquí a baixo poden verse as catro tarxetas que leva cada lote:
En fin, vou ver si son quen de  facer unha copia de seguridade do blog..(.non era exportar blog ? ),  que o pasei moi mal.


2 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Eu comprendote perfetamente, que sustiño! Pobre! Eu cópioo cada pouco a outro que teño que é a copia, e fai tempo que non o fago, así que vou alá.

As tarxetas son bonitísimas, pero eu levo xa un par de anos que non as mando :(

esther dijo...

Si, eu tampouco mando, pero no traballo algunha se recibe, así que supoño que alguén o fará...