lunes, 7 de enero de 2013

Reciclaxe x-treme

 Xa falei mais veces do meu irmán Tin no blogue. El é o verdadeiro rei da reciclaxe na familia, se non contamos, claro, a miña prima Mirella... eu son unha mera afecionada o seu lado. Aquí están os regalos que deixou Papá Noel  na súa casa este Nadal. Na primeira foto un xardín acuatico colgante feito con lámpadas vellas.

Nas fotos seguintes unha fragata feita con pezas dun tonel vello, igual ca arca de Noé...A fragata ten rodas, pero a arca de Noé está calafateada, foi botada, e resultou moi mariñeira...leva o golfiño na mesmaa liña de frotación, para dar idea de que vai ao carón da barca...







 Especialmente apreciado, o meu cempés, tamén feito coma os outros cunha  tablas dun tonel vello e cos ferros dun sommier de lamas...aínda non sei como...É para poñer os meus fíos. Agora xa o teño  cheo de fios na miña casa,  hei poñer a foto outro dia.
 E aquí estan outras das súas obras...cantiño traballou ¿verdade?



2 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Ohhhhh! Teu irmán é un artistazo tamén! Estou marabillada das belezas que fai!
Por certo que tendes un sentido estético-artístico ben semellante... mamástelo?
Noraboa por ese agasallo :)

esther dijo...

Nunca o pensara, pero agora que o dis, penso que sí,que o mamamos de nenos os catro irmáns. O sentido estetico-artístico é, sen dúbida, da nosa nai e o gusto pola reutilización das cosas vellas do noso pai. Foi o primeiro reciclador que eu coñecín, cando todo eso aínda non estaba de moda e nin tiña ese nome...