jueves, 15 de abril de 2010

panos de cociña outra vez, outra vez


Da miña aficción ós panos de cociña xa falara algunha vez...Fixen mandís e tapicei cadeiras. Cando vin este lotiño no Carrefour, non puden resistir e merqueino tamén...Esta vez o que fixen son uns manteliños individuais, a cousa mais sinxela do mundo...O tamaño que teñen (50 x 70 aprox.) fainos axeitados para dar o tamaño dun mantel individual (50 x 35) simplemente dobrandoos pola metade. A idea inicial era poñer unha tela distinta por cada lado, pero iso complicaría a  inmediatez da idea, así que ao final, foi simplemente dobrar o pano pola metade, poñerlle dentro unha tela de recheo para protexer mellor a mesa, amortiguar os ruidos e darlle corpo, ..e darlle unha costura todo arredor...( duas na zona da dobrez para igualar co resto dos lados, que xa tiñan a costura do propio remate do pano, mais a que se fai nova para coser as dúas partes)...En fin, mais facil facelo que contalo, como casi todo nesta vida...

6 comentarios:

♥ meninheira ♥ dijo...

Encántame a tea (e qué precio neniña!! :O) Oes, e a tea esa de recheo é unha especial ou serve calqueira? :D

esther dijo...

Eu puxen unha que tiña por casa, que me dera a miña nai...O dos piquiños é porque teño unha tesoira que recorta así, co borde en pico. Pero eu creo que o de seu é poñerlle un muletón, eu penso que o venden por metro nas tendas ... non estou moi segura si é de lana ou de algodón...E si non, unha camiseta vella que teñas por casa...canto mais gordiña, mellor...

♥ meninheira ♥ dijo...

Ai meu deus, qué será o muletón?, o home da muleta? :P
hehehe alédame ver que se poden usar outros recheos porque a ultima vez usei unha toalla vella :)

Graciñas por respostarme sempre, un biquiño Esther :)

vera dijo...

gosto muito da simplicidade desses panos de cozinha !

Tartaruga dos Tartarouchos dijo...

Qué boa idea! Eu adoro os panos de cociña como panos, pero non está mal pensado darlle outros usos.
Eu ando triste porque a miña máquina quedou a medio coser a semana pasada :(

Aproveito para facerche unha preguntiña aquí, que xa lin que non te chegan os comentarios das entradas vellas. Vin que tiñas en rpoxecto unha alfombra trenzada cos vaqueiros vellos. Eu tiña idea de facer unha tamén, con dúas tiras da mesma cor e a terceira diferente, ti ademáis dos vaqueiros que teas usas para completar?
Graciñas

esther dijo...

Tarataruga, eu completei cunhas sábanas vellas de franela que tiña por casa, unha bermella e outra gris...O que importa é que mais o menos as tres tiras da trenza teñan o mesmo espesor...Para conseguir eso fixen a banda da tira de franela mais ancha cas outras, de xeito que ao dobrar e facer o tubo quedase tan gordiña coma as outras.Agora xa rematei coas sabanas e como quero facer a alfombra mais grande pensaba comprar unha loneta por metro para completar.
De todos xeitos eu non son ningunha experta, vou facendo e probando...
Se queres, teño un libro que explica un pouco como facer... podo subir algunha imaxe nalgún post..
Boa sorte coa túa braided rug!