sábado, 10 de abril de 2010

tiña un RETO pendente polo medio...

Este é o estante que antes era así:

Estou facendo probas...aínda non sei como quedará...Desde que me unín ao grupo "Interior Styling" de flickr, collinlle gusto a facer pequenos arranxos coas cousas que teño por casa. Aquí hai outro, feito con unha daquelas madeiras atopadas na praia....

3 comentarios:

♥ meninheira ♥ dijo...

Esther, unha preguntiña... o moble tiña verniz ou laca? e que teño unha estantería que quero pintar e Oliviña díxome que lle tiña que botar o decapante antes e eu resístome hehehe, así que pregunto a ver se coa sonada "técnica da trapallada" hai algún outro xeito de facelo máis doado hehehe.

bicossss

esther dijo...

A ver, que na técnica da trapallada eu son experta... Este estante eu penso que non tiña nin barniz nin laca... a min dáme a impresión que era castaño tinxido e encerado...pero non estou segura. Eu dinlle diretamente a pintura verde, sen mais preparación que limpar ben a superficie. Esta pintura cubriu moi ben, de feito dinlle so unha man, porque non me disgusta que quede un pouco imperfecto. Con esta pintura verde xa pintara unha estanteria desas típicas de pino barnizado e quedara estupenda, a teño no baño.

Tamén é verdade que hai pouco pintei de branco as estanterias da sala que eran de madera, barnizada, e costoume moito... Mais de tres capas, e ainda así, acabado chapuza...Penso que ai non viría mal o decapante...Non sei de que pode depender, para min a pintura era do mesmo tipo nos dous casos...un esmalte brillante que se limpa con auga...

♥ meninheira ♥ dijo...

Grazas meniña, a ver se me animo dunha chispa dunha vez a meterme en faena coa estantería e xa te contarei, mas dame a min que esta hai que decapala dalgún xeito pois ten verniz :P

biquiños e graciñas :)